BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS

Un saúdo a todos os que vos achegades ata esta ventá informativa. Con este blog queremos dar a coñecer un dos Servizos Educativos Complementarios do noso centro escolar. Explicarvos cal é a súa finalidade, como funciona, que persoas traballan nel, quen se pode beneficiar do seu uso, como se preparan e seleccionan os menús..., en definitiva, todo o que estea relacionado co comedor e coa súa xestión. Visitádenos de vez en cando e deixade os vosos comentarios. Estamos seguros de que as vosas aportacións axudarán a mellorar este servizo na medida do posible.

lunes, 6 de septiembre de 2010

XA ESTAMOS DE VOLTA


Rematadas as vacacións de verán o colexio volve a abrir as súas portas. Pouco a pouco van chegando os mestres e o resto do persoal. Sandra e Lola (as cociñeiras) xa se puxeron mans á obra e comezaron a organizar a cociña e a despensa. Benvidas e...moito ánimo para ter listo o comedor o día en que chegue o noso alumnado, que xa é este venres!
Sandra, a mestra encargada do servizo, tamén está elaborando o menú do mes de setembro e distribuíndo os comensais para que cada un teña o seu lugar na mesa.
E desde aquí seguiremos informando de todas as novidades.
Bo proveito a todos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario