BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS

Un saúdo a todos os que vos achegades ata esta ventá informativa. Con este blog queremos dar a coñecer un dos Servizos Educativos Complementarios do noso centro escolar. Explicarvos cal é a súa finalidade, como funciona, que persoas traballan nel, quen se pode beneficiar do seu uso, como se preparan e seleccionan os menús..., en definitiva, todo o que estea relacionado co comedor e coa súa xestión. Visitádenos de vez en cando e deixade os vosos comentarios. Estamos seguros de que as vosas aportacións axudarán a mellorar este servizo na medida do posible.

viernes, 27 de noviembre de 2015

A NOSA COCIÑEIRA EN RADIO NORDÉS

Hai uns días, a nosa cociñeira Sandra Varela, deixou o seu parecer sobre os comedores escolares nunha entrevista en Radio Nordés. Se queres escoitala, preme aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario